UN NOVO LUGAR PARA A COMUNIDADEA CORUÑA, GALICIA ● EST. 2026

COWORKING · TECH E STARTUPS

A túa xente.
O teu sitio.
O Orzán.

Un coworking para startups e xente que traballa en tech. No Orzán, ca praia a 20 metros e unha comunidade coa que construír o futuro.

Escolle o teu plan · Valida a túa tarxeta · Sen cobro hoxe

Luz natural e vistas ao paseo marítimo desde o espazo do Orzán
A CORUÑAVIDA ATLÁNTICA
01 / UNHA VENTÁ AO NOSO BARRIO43°22′ N · 8°24′ W
A CORUÑA · APERTURA PREVISTA DECEMBRO 2026

Traballar dende Coruña. Sentirse parte de algo.

Un café antes de empezar. Unha conversa que se alonga. Un paseo polo Orzán ao pechar o portátil. Hai cousas que fan mellor o día.

Estamos preparando un lugar para compartilas. Un coworking para a comunidade tech e startup da Coruña: fundadores, empregados, inversores, etc. Aberto a todo o mundo.

02 — DE PORTAS PARA DENTRO

A túa mesa. E moito máis.

Un espazo de dúas plantas para concentrarte, facer unha pausa e volver con outra idea. No centro da Coruña, coa comunidade ao teu lado.

Conecta e comeza

Todo o que necesitas para traballar. Ti trae o teu portátil e listo.

Espazos privados.

Salas de reunións para as túas chamadas, presentacións e sesións de equipo.

Vémonos na cociña

Cociña e comedor para traer a túa comida e compartir a pausa do mediodía.

Tamén hai que parar

Zona de lecer e descanso, espazos comúns e baños. Para estar a gusto todo o día.

Pasadizo de Orzán, 1015003 · A Coruña
Ver localización
9:00–18:00Horario inicial previsto, de luns a venres. Adaptarémolo ás necesidades da comunidade.

03 — A XENTE FAI O LUGAR

Xente de aquí. Ideas sen fronteiras.

Persoas que emprenden, traballan en remoto ou van pola súa conta. Distintas historias, un mesmo lugar. Non precisas ter unha startup para formar parte.

Entre quen quere sumarse

Kfund

Jaime Novoa

Kfund

TheirStack

TheirStack

Con ganas de compartir espazo

Tamén se suman persoas de
Redpanda
Greenvase
RevenueCat
Mercado Libre
MITO

04 — MOITO MÁIS CA UNHA MESA

Ven polo traballo. Queda pola xente.

As mellores conexións comezan cunha conversa. Meetups para aprender e compartir. Venres para pechar o portátil e coñecernos. Unha comunidade que tamén se vive fóra da túa mesa.

DÚAS CITAS PARA ATOPARNOS

Un meetup ao mes

Queremos reunirnos cada mes para compartir proxectos, aprendizaxes e novas ideas coa comunidade tech local.

Os venres, afterwork

A idea: pechar a semana cunhas cervexas e unha boa conversa. E entre semana, xantares compartidos cando apeteza.

COMUNIDADES LOCAIS

The Atlantic Community

Tamén acolleremos eventos organizados por comunidades locais, como The Atlantic Community. Máis encontros para conectar a comunidade tech da Coruña.

Únete hoxe á lista de espera

Este é o ritmo que queremos crear. Datas e horarios por confirmar.

A praia do Orzán e o paseo marítimo da Coruña
O ORZÁN, A CORUÑA · FOTO: BANJO / WIKIMEDIA COMMONS

CO ATLÁNTICO DE VECIÑO

Boas ideas. Boas ondas.

Para quen colle ondas e para quen prefire miralas desde o paseo. Aquí compartimos barrio, café e ganas de facer cousas.

Únete hoxe á lista de espera

05 — FAI SITIO NO TEU DÍA

Escolle como queres vir.

A mesma comunidade. Todas as zonas comúns. Un plan que encaixe contigo.

8 DÍAS AO MES

Flexible

Hot desk, 8 días ao mes.

49€/mes+ IVE

59,29 €/mes IVE incluído

Lista de espera · Flexible
  • 8 días ao mes en horario de apertura
  • Mesas compartidas, por orde de chegada
  • Wifi, electricidade e salas de reunións
  • Cociña, comedor, comunidade e eventos

Sen mesa asignada. Por orde de chegada; asento suxeito a dispoñibilidade.

SEN LÍMITE DE DÍAS

Ilimitado

Hot desk, todos os días que queiras.

99€/mes+ IVE

119,79 €/mes IVE incluído

Lista de espera · Ilimitado
  • Asistencia ilimitada en horario de apertura
  • Mesas compartidas, por orde de chegada
  • Wifi, electricidade e salas de reunións
  • Cociña, comedor, comunidade e eventos

Sen mesa asignada. Por orde de chegada; asento suxeito a dispoñibilidade.

O TEU SITIO, CADA DÍA

Dedicado

A túa propia mesa. Lista para ti.

149€/mes+ IVE

180,29 €/mes IVE incluído

Lista de espera · Dedicado
  • A túa mesa reservada en horario de apertura
  • Deixa o monitor e as túas cousas no teu posto
  • Wifi, electricidade e salas de reunións
  • Cociña, comedor, comunidade e eventos

Asignación pendente de confirmación.

Os tres plans incorpórante á lista de espera. Contactaremos contigo persoalmente antes de activar a túa membresía.

ASÍ COMEZA TODO

Un primeiro paso. Sen cobro hoxe.

  1. 01

    Escolle o teu plan

    Cóntanos como che gustaría usar o espazo e cando virías.

  2. 02

    Valida a túa tarxeta

    Stripe garda a túa tarxeta de forma segura. Non cobramos nin iniciamos unha subscrición.

  3. 03

    Falamos contigo

    Contactamos contigo persoalmente para confirmar a dispoñibilidade e acordar os seguintes pasos.

Por se cho preguntabas.

Teño que traballar nunha startup?

Non necesariamente, pero o coworking está pensado para persoas que traballan no sector tech. As ganas de compartir espazo son o importante.

Cando abrirá o espazo?

O espazo estará dispoñible en decembro de 2026. Estamos reunindo as primeiras reservas para validar a demanda e preparar a apertura. Confirmarémosche persoalmente a data definitiva.

Por que pedides unha tarxeta se non hai cobro?

Axúdanos a distinguir o interese dunha intención real de unirse. Stripe garda e valida a túa tarxeta de forma segura. Non cobramos nada ao reservar nin activamos unha subscrición. Antes de calquera pagamento, falaremos contigo para acordar os detalles.

A reserva garante un posto?

Aínda non. Todas as reservas incorpóranse á lista de espera. Contactaremos contigo para confirmar a dispoñibilidade. Unha vez activada a membresía, o posto fixo ten mesa propia; o hot desk funciona por orde de chegada, suxeito a dispoñibilidade.

Podo vir todos os días con hot desk?

Con Ilimitado podes vir todos os días dentro do horario de apertura. Flexible inclúe 8 días ao mes. Hai 20 mesas compartidas e os asentos ocúpanse por orde de chegada; se están todos ocupados, non podemos garantirche unha mesa.

E se cambio de idea?

Podes pedir que retiremos a túa solicitude antes de activar a membresía escribindo a [email protected]. Non se realizará ningún cobro. As condicións da membresía acordaranse durante o contacto persoal.

A PRÓXIMA ONDA COMEZA CONTIGO

O Orzán únenos. Súmate hoxe.

Axúdanos a facer realidade un lugar para a comunidade tech e startup da Coruña.

Únete hoxe á lista de esperaSen cobro hoxe. Con moitas ganas de comezar.
O teu próximo lugar.Sen cobro hoxeÚnete á lista